Servizo PS Video
Use o servizo PS Video para mercar e alugar vídeos ou programas de televisión que
pode ver non só no seu dispositivo Android™, senón tamén nun ordenador ou
dispositivos PlayStation
®
Portable (PSP
®
), PlayStation
®
3, PlayStation
®
4 ou
PlayStation
®
Vita. Seleccione entre as últimas estreas de Hollywood, películas de acción,
comedias, cine clásico e unha ampla gama de categorías.
Necesita crear unha conta de Sony Entertainment Network se quere mercar ou alugar
películas a través do servizo PS Video. Se xa ten unha conta de PlayStation® Network,
entón pode usar esa conta.
Se utiliza un dispositivo con varios usuarios, deberá iniciar sesión como propietario, é dicir,
como usuario principal, para poder usar o servizo PS Video.
Sony Entertainment Network con PS Video non está dispoñible en todos os mercados.
Aplícanse condicións e termos adicionais.
Primeiros pasos con PS Video
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse , e logo siga as instrucións da pantalla para comezar a usar o
servizo PS Video.
111
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.