Montaxe
A pantalla ten pegada unha lámina plástica protectora. É necesario que extraia esta
lámina antes de usar a pantalla táctil. Do contrario, é posible que a pantalla táctil non
funcione correctamente.
Para inserir a micro-tarxeta SIM
8
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
1
Insira unha unlla no oco entre a tapa da rañura da tarxeta micro SIM e o lateral do
dispositivo, e separe a tapa da rañura.
2
Cunha unlla, retire o soporte da tarxeta micro SIM.
3
Coloque a tarxeta micro SIM no soporte, coa zona dos contactos dourados da
micro SIM orientada cara a fóra.
4
Insira de novo o soporte da tarxeta micro SIM no dispositivo.
5
Coloque de novo a tapa da rañura da tarxeta micro SIM.
Inserir a tarxeta micro SIM sen o soporte de tarxeta SIM pode danar a súa tarxeta micro SIM
ou o seu teléfono e Sony non garante e non se fai responsable de calquera dano causado por
esa acción.
Para inserir a tarxeta de memoria
Non insira unha tarxeta micro SIM na rañura da tarxeta de memoria.
1
Para extraer a tapa da rañura da tarxeta de memoria, insira a punta dunha unlla
na separación entre a parte inferior da tapa e o teléfono, logo extraia a tapa.
2
Insira a tarxeta de memoria coa zona dos contactos dourados orientada cara a
abaixo na rañura para a tarxeta de memoria.
3
Usando a punta dunha unlla, empuxe a tarxeta de memoria introducíndoa máis na
rañura ata que escoite un son de bloqueo.
4
Empurre a tapa da rañura da tarxeta de memoria para devolvela á súa posición de
xeito que quede completamente encaixada.
É posible que a tarxeta de memoria non se inclúa ao mercar o teléfono en todos os mercados.
Para retirar a tarxeta micro SIM
1
Retire a tapa da rañura da tarxeta micro SIM.
2
Retire o soporte da tarxeta micro SIM.
3
Retire a tarxeta micro SIM.
4
Insira o soporte da tarxeta micro SIM na súa rañura.
5
Fixe de novo a tapa da rañura da tarxeta micro SIM.
9
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para extraer a tarxeta de memoria
1
Desactive o teléfono, ou desmonte a tarxeta de memoria desde
Configuración >
Almacenamento > Deter a tarxeta SD .
2
Extraia a tapa da rañura da tarxeta de memoria, logo prema no borde da tarxeta
de memoria e libérea.
3
Tire da tarxeta cara fóra para extraela completamente.