Wi-Fi®
Use conexións Wi-Fi® para navegar pola Internet, descargar aplicacións ou enviar e
recibir correos electrónicos. Unha vez conectado a unha rede Wi-Fi®, o dispositivo
lembra a rede e conéctase automaticamente a ela a seguinte vez que estea dentro do
alcance.
Algunhas redes Wi-Fi® requiren que inicie sesión nunha páxina web antes de poder
obter acceso. Contacte co administrador da rede Wi-Fi® correspondente para obter
máis información.
As redes Wi-Fi® dispoñibles poden ser abertas ou estar protexidas:
•
As redes abertas indícanse con a carón do nome de rede Wi-Fi®.
•
As redes protexidas indícanse con a carón do nome de rede Wi-Fi®.
Algunhas redes Wi-Fi® non aparecen na lista de redes dispoñibles porque non transmiten o
seu nome de rede (SSID). Se coñece o nome da rede, pode engadilo manualmente á súa lista
de redes Wi-Fi® dispoñibles.
Para activar a Wi-Fi®
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Wi-Fi.
3
Pulse o conmutador de acender e apagar para activar a función Wi-Fi®.
Poden transcorrer uns segundos ata que se active o Wi-Fi®.
Para conectarse a unha rede Wi-Fi® automaticamente
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Wi-Fi.
3
Pulse o conmutador de acender e apagar para activar a función
Wi-Fi. Aparecen
todas as redes Wi-Fi® dispoñibles.
4
Pulse unha rede Wi-Fi® para conectarse a ela. Nas redes protexidas, introduza
insira o contrasinal correspondente. aparecerá na barra de estado cando estea
conectado.
Para buscar novas redes dispoñibles, pulse e logo pulse
Actualizar. Se non pode conectarse
a unha rede
Wi-Fi correctamente, consulte as suxestións para a resolución de problemas
para o seu dispositivo en
www.sonymobile.com/support/
.
34
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para engadir unha rede Wi-Fi® manualmente
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Wi-Fi.
3
Pulse >
Engadir rede.
4
Introduza a información de
Nome de rede (SSID).
5
Para seleccionar un tipo de seguridade, pulse o campo
Seguridade.
6
Se é necesario, introduza un contrasinal.
7
Para editar opcións avanzadas como o proxy e os axustes de IP, marque a caixa
de verificación
Opcións avanzadas e despois faga os cambios necesarios.
8
Pulse
Gardar.
Contacte co seu administrador de rede Wi-Fi® para obter o SSID da rede e o contrasinal.
Axustes Wi-Fi®
Cando está conectado a unha rede Wi-Fi® ou hai redes Wi-Fi® dispoñibles preto de
vostede, pode ver o estado desas redes. Tamén pode activar o dispositivo para recibir
unha notificación cando detecte unha rede Wi-Fi® aberta.
Se non está conectado a unha rede Wi-Fi®, o dispositivo usa unha conexión móbil de
datos para acceder á Internet (se configurou e activou unha conexión móbil de datos no
dispositivo). Ao engadir unha política de hibernación de Wi-Fi®, pode especificar cando
cambiar do Wi-Fi® á conexión móbil de datos.
Para activar as notificacións de rede Wi-Fi®
1
Active o Wi-Fi®, se aínda non o está.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Axustes > Wi-Fi.
4
Pulse >
Avanzados.
5
Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de
Notificación de
rede.
Para ver información detallada sobre unha rede Wi-Fi® conectada
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Wi-Fi.
3
Pulse a rede Wi-Fi® á que estea conectado no momento. Aparecerá información
detallada sobre a rede.
Para engadir unha política de hibernación de Wi-Fi®
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Wi-Fi.
3
Pulse e logo
Avanzada> Manter Wi-Fi activa durante susp..
4
Seleccione unha opción.
WPS
O WPS (Wi-Fi® Protected Setup, configuración protexida da Wi-Fi) é un estándar de
rede sen fíos que lle axuda a establecer conexións de rede sen fíos seguras. Se ten
poucos coñecementos sobre a seguridade sen fíos, o WPS permítelle configurar
facilmente a encriptación dun acceso protexido Wi-Fi (WPA) que asegure a súa rede.
Tamén pode engadir novos dispositivos a unha rede xa existente sen necesidade de
introducir contrasinais longos.
Use un destes métodos para activar o WPS:
•
Método pulsador: simplemente pulse un botón nun dispositivo compatible con WPS, por
exemplo, un router.
•
Método PIN: o seu teléfono crea un PIN (número de identificación persoal) aleatorio que
vostede introduce no dispositivo compatible con WPS.
35
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para conectarse a unha rede Wi-Fi® cun botón WPS
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Wi-Fi.
3
Active o Wi-Fi®, se aínda non o fixo.
4
Pulse >
Avanzada > Botón de comando WPS e logo prema o botón WPS do
dispositivo compatible con WPS.
Para conectarse a unha rede Wi-Fi® cun PIN de WPS
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Wi-Fi.
3
Active o Wi-Fi®, se aínda non o fixo.
4
Pulse >
Avanzada > Entrada de PIN WPS.
5
No dispositivo compatible con WPS, introduza o PIN que aparece no seu
dispositivo.