Visualización das súas fotos nun mapa
Engadir información de localización ás fotos coñécese como xeoetiquetado. Pode ver e
etiquetar as súas fotos nun mapa e mostrarlles aos amigos e á familia onde estaba
cando sacou a foto. Consulte
Engadir a posición xeográfica ás súas fotos
na páxina 93
para obter máis información.
Se ten activada a detección de localización e o xeoetiquetado na cámara, pode etiquetar as
súas fotos directamente para a súa visualización no mapa máis tarde.
1
Ver fotos xeoetiquetadas na vista de globo
2
Buscar unha localización no mapa
3
Ver as opcións do menú
107
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
4
Pulse dúas veces para aumentar o zoom. Belisque para reducir o zoom. Arrastre para ver diferentes
partes do mapa
5
Un grupo de fotos e/ou vídeos xeoetiquetados coa mesma localización
6
Miniaturas do grupo de fotos e/ou vídeos seleccionado. Pulse un elemento para velo a pantalla
completa
Se se tomaron varias fotos na mesma localización, só aparecerá unha delas no mapa. O
número total de fotos aparece na esquina superior dereita, por exemplo, . Para ver todas as
fotos do grupo, pulse a primeira foto e, a seguir, pulse unha das miniaturas na parte inferior
da pantalla.
Para engadir unha xeoetiqueta a unha foto
1
Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para amosar as barras de
ferramentas.
2
Pulse e logo pulse
Engadir xeoetiqueta para abrir a pantalla do mapa.
3
Pulse no mapa para estabelecer a localización da foto.
4
Para restablecer a localización da foto, pulse unha nova localización no mapa.
5
Cando remate, pulse
Acept..
Para ver as súas fotos xeoetiquetadas nun mapa
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Álbum.
3
Arrastre o bordo esquerdo da pantalla de inicio de Álbum á dereita e logo pulse
Lugares.
4
Pulse a foto que desexa ver nun mapa.
Para ver as súas fotos xeoetiquetadas nun globo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Álbum.
3
Arrastre o bordo esquerdo da pantalla de inicio de Álbum á dereita e logo pulse
Lugares > .
4
Pulse a foto que desexa ver nun globo.
Para cambiar a xeoetiqueta dunha foto
1
Cando estea a ver unha foto no mapa do Álbum, toque e manteña a foto ata que
o marco se torne azul e logo pulse a localización desexada no mapa.
2
Pulse
Acept..
Para cambiar a vista do mapa
•
Cando estea a ver o mapa no Álbum, pulse , despois seleccione
Vista clásica ou Vista
por satélite.
108
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.