Descargar aplicacións doutras fontes
Cando o dispositivo estea axustado para permitir descargas doutras fontes distintas de
Google Play™, pode descargar aplicacións directamente doutros sitios web seguindo as
instrucións de descarga correspondentes.
A instalación de aplicacións de orixe descoñecida ou pouco fiable pode danar o dispositivo.
Descargue unicamente aplicacións de fontes fiables. Se ten calquera dúbida ou pregunta,
póñase en contacto co fornecedor da aplicación.
Se usa un dispositivo con múltiples usuarios, só o propietario, é dicir, o usuario principal, pode
permitir as descargas doutras fontes distintas de Google Play™. Os cambios establecidos
polo propietario afectan aos demais usuarios.
Para permitir a descarga de aplicacións doutras fontes
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Seguridade.
3
Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de
Fontes
descoñecidas.
4
Pulse
Aceptar.
Algunhas aplicacións poden necesitar acceso a datos, axustes e varias funcións no dispositivo
para funcionar correctamente. Instale e dea permisos unicamente ás aplicacións nas que
confía.
Pode ver os permisos concedidos a unha aplicación descargada tocando a aplicación en
Axustes > Aplicacións.
32
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.