Sony Xperia Z - Engadir información de contacto para emerxencias e asistencia médica

background image

Engadir información de contacto para emerxencias e asistencia

médica

Na aplicación Contactos pode engadir e modificar información necesaria en caso de

emerxencia. Pode especificar información médica, como por exemplo alerxias ou

medicamentos que necesite, ademais de información sobre os familiares e amigos cos

que contactar se se produce unha emerxencia. Unha vez definida, esta información

estará dispoñible desde a pantalla de bloqueo de seguridade. Isto significa que aínda

que a pantalla estea bloqueada por un PIN, un patrón ou un contrasinal, o persoal de

emerxencia poderá recuperar a información de emerxencia.

1 Volver á pantalla principal de Contactos

2 Ver máis opcións

3 Amosar a información médica e persoal como parte da información para casos de emerxencia

4 Información médica

5 Lista de contactos para casos de emerxencia

6 Crear novos contactos para casos de emerxencia

7 Usar contactos existentes para casos de emerxencia

Para amosar a información médica e persoal como parte da información para casos

de emerxencia

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .

2

Pulse

Información para casos de emerxencia.

3

Pulse e logo marque a caixa de verificación

Amosar a información persoal.

72

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Especificar información médica

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .

2

Pulse

Información para casos de emerxencia.

3

Pulse e logo

Editar información médica.

4

Edite a información que desexe.

5

Cando remate, pulse

Feito.

Para engadir un novo contacto de emerxencia

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .

2

Pulse

Información para casos de emerxencia e logo .

3

Se ten sincronizados os contactos con unha ou máis contas e está a engadir un

contacto por primeira vez, cómpre seleccionar a conta á que desexa engadir este

contacto. Como alternativa, pulse

Sen copia de seguridade se só quere usar e

gardar este contacto no dispositivo.

4

Introduza ou seleccione a información que desexe para o contacto.

5

Cando remate, pulse

Feito.

O contacto de emerxencia debe ter polo menos un número de teléfono ao que poida chamar o

persoal do servizo de emerxencias. Se o dispositivo ten un bloqueo de pantalla de seguridade,

o persoal do servizo de emerxencias só poderá ver o número de teléfono do contacto de

emerxencia, aínda que haxa outra información sobre o contacto na aplicación Contactos.

Para usar contactos existentes para casos de emerxencia

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .

2

Pulse

Información para casos de emerxencia e logo pulse .

3

Marque os contactos que desexa usar como contactos de emerxencia.

4

Cando remate, pulse

Feito.

Os contactos de emerxencia que seleccione deben ter polo menos un número de teléfono ao

que poida chamar o persoal do servizo de emerxencias. Se o dispositivo ten un bloqueo de

pantalla de seguridade, o persoal do servizo de emerxencias tan só poderá ver o número de

teléfono dos contactos de emerxencia, aínda que haxa outra información sobre eses

contactos na aplicación Contactos.

Amosar a información de emerxencia na pantalla de bloqueo de seguridade

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .

2

Pulse

Información para casos de emerxencia.

3

Pulse e logo

Configuración.

4

Marque a caixa de verificación

ICE na pantalla de bloqueo.

De xeito predeterminado, a información de emerxencia é visible desde a pantalla de bloqueo

de seguridade.

Habilitar chamadas a contactos de emerxencia desde a pantalla de bloqueo de

seguridade

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse e logo pulse .

2

Pulse

Información para casos de emerxencia.

3

Pulse e logo

Configuración.

4

Marque a caixa de verificación

Activar as chamadas en ICE.

É posible que algúns operadores de rede non admitan chamadas de emerxencia.