Duplicar a pantalla do dispositivo nun TV sen fíos
Use a característica Duplicación de pantalla para ver a pantalla do dispositivo nun
televisor ou noutra pantalla grande sen usar unha conexión por cable. A tecnoloxía Wi-Fi
Direct™ crea unha conexión sen fíos entre os dous dispositivos, de xeito que vostede
pode relaxarse e gozar das súas fotos favoritas comodamente no seu sofá. Tamén pode
usar esta característica para escoitar música desde o seu dispositivo a través dos
altofalantes da TV.
O seu televisor debe ser compatible coa duplicación de pantalla baseada en Wi-Fi CERTIFIED
Miracast™ para que funcione a devandita característica. Se o seu televisor non admite
duplicación de pantalla, cómpre mercar por separado un adaptador de pantalla sen fíos.
Ao usar a duplicación de pantalla, a calidade da imaxe ás veces pode sufrir un impacto
negativo se hai interferencias doutras redes Wi-Fi®.
112
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para duplicar a pantalla do dispositivo nunha pantalla de TV
1
TV: Siga as instrucións da guía do usuario do televisor para activar a función de
duplicación de pantalla.
2
O seu dispositivo: Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Axustes > Conectividade Xperia™ > Duplicación de pantalla.
4
Pulse
Iniciar.
5
Pulse
Aceptar e seleccione un dispositivo.
Cando use a duplicación de pantalla, non tape a área da antena Wi-Fi do dispositivo.
Para que funcione a devandita característica, o seu televisor debe ser compatible coa
duplicación de pantalla baseada en Wi-Fi CERTIFIED Miracast™.
Para deter a duplicación de pantalla entre dispositivos
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Conectividade Xperia™ > Duplicación de pantalla.
3
Pulse
Desconectar e logo, Aceptar.