Sony Xperia Z - Duplicar a pantalla do dispositivo nun TV mediante cable

background image

Duplicar a pantalla do dispositivo nun TV mediante cable

O dispositivo pódese conectar a un televisor compatible mediante un cable MHL e

duplicar a pantalla do dispositivo na pantalla do televisor.

Os cables e os adaptadores MHL e HDMI™ véndense por separado.

Sony non garante que o seu dispositivo admita todos os tipos de cables e adaptadores MHL e

HDMI™.

Para ver contido do dispositivo nunha TV que admita a entrada MHL

1

Conecte o dispositivo á TV usando un cable MHL. aparece na barra de estado
do dispositivo despois de establecer unha conexión.

2

A TV amosa a pantalla do dispositivo.

Para ver contido do dispositivo nunha TV que admita a entrada HDMI™

1

Conecte o dispositivo a un adaptador MHL e conecte o adaptador a un porto

USB activado.

2

Conecte o adaptador a unha TV usando un cable HDMI™. aparece na barra
de estado do dispositivo despois de establecer unha conexión.

3

A TV amosa a pantalla do dispositivo.

Para ver a axuda sobre como usar o mando a distancia dun televisor

1

Mentres o dispositivo está conectado ao televisor, arrastre a barra de estado cara

abaixo para abrir o panel de notificacións.

2

Pulse

MHL conectado. Aparecerán os axustes de MHL na pantalla do televisor.

3

Seleccione

Uso do mando a distancia.

Pode seleccionar

Tamaño de saída de vídeo para axustar o tamaño da saída na pantalla do

televisor. Se o televisor xa ten activada unha opción de escala automática, este axuste non

aparecerá nos axustes de MHL.

Tamén pode premer o botón amarelo no mando a distancia do televisor para abrir o panel de

notificacións.

Para desconectar o seu dispositivo dun equipo de TV

Desconecte o cable MHL ou o adaptador MHL do dispositivo.