Restrinxir chamadas
Pode bloquear todas as chamadas entrantes e saíntes ou só determinadas categorías
das mesmas. Se recibiu un código PIN2 do seu operador de rede, tamén pode usar
unha lista de Números de marcación fixa (NMF) para restrinxir as chamadas saíntes. Se
a súa subscrición inclúe un servizo de correo de voz, pode enviar todas as chamadas
entrantes dun contacto determinado directamente ao correo de voz. Se desexa
65
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
bloquear un determinado número, visite Google Play™ e descargue aplicacións que
admitan esta función.
Non todos os operadores de rede admiten NMF. Contacte co seu operador de rede para
verificar se a súa tarxeta SIM ou o servizo de rede admiten esta característica.
Para bloquear chamadas entrantes ou saíntes
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada.
3
Pulse
Chamadas restrinxidas e seleccione unha opción.
4
Introduza o contrasinal e pulse
Activar.
Cando configure a restrición de chamadas por primeira vez, cómpre introducir un contrasinal
para activar a función de restrición de chamadas. Debe usar o mesmo contrasinal despois se
desexa editar a configuración do restrición de chamadas.
Para activar ou desactivar a marcación fixa
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Números de marcación fixa.
3
Pulse
Activar marcación fixa ou Desactivar marcación fixa.
4
Introduza o PIN2 e pulse
Aceptar.
Para acceder á lista de destinatarios de chamadas aceptadas
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Chamada > Números de marcación fixa > Números
de marcación fixa.
Para cambiar o PIN2 da tarxeta SIM
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Chamada.
3
Pulse
Números de marcación fixa > Cambiar PIN2.
4
Insira o PIN2 antigo da tarxeta SIM e pulse
Aceptar.
5
Insira o novo PIN2 da tarxeta SIM e pulse
Aceptar.
6
Confirme o novo PIN2 e pulse
Aceptar.
Para enviar as chamadas entrantes dun contacto determinado directamente ao correo
de voz
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse .
3
Seleccione o contacto cuxas chamadas entrantes quere que se dirixan
directamente ao correo de voz de xeito automático.
4
Pulse > .
5
Marque a caixa de verificación Chamadas a corr. voz.
6
Pulse Feito.