Sony Xperia Z - Recibir chamadas

background image

Recibir chamadas

Se recibe unha chamada cando o dispositivo está en modo de suspensión ou a pantalla

está bloqueada, a aplicación de teléfono ábrese en formato de pantalla completa. Se

recibe unha chamada cando a pantalla está activa, a chamada entrante aparece como

unha notificación flotante, é dicir, nunha ventá minimizada que flota na parte superior de

calquera pantalla aberta. Cando chega a notificación, pode responder á chamada e abrir

a pantalla da aplicación de teléfono ou pode rexeitar a chamada e permanecer na

pantalla actual.

Para responder a unha chamada cando a pantalla está inactiva

Arrastre cara á dereita.

Para responder a unha chamada entrante cando a pantalla está activa

Na notificación flotante que aparece na parte superior da pantalla, pulse

RESPONDER.

En lugar de responder a chamada, pode ir á pantalla principal da aplicación do teléfono

pulsando a parte superior da ventá da notificación flotante. Con este método, ten máis

opcións para xestionar a chamada. Por exemplo, pode decidir rexeitar a chamada cunha

mensaxe.

Para rexeitar unha chamada cando a pantalla está inactiva

Arrastre cara á esquerda.

Para rexeitar a unha chamada entrante cando a pantalla está activa

Na notificación flotante que aparece na parte superior da pantalla, pulse

DENEGAR.

En lugar de rexeitar unha chamada, pode ir á pantalla principal da aplicación de teléfono

pulsando a parte superior da ventá de notificación flotante. Con este método, ten máis

opcións para xestionar a chamada. Por exemplo, pode decidir rexeitar a chamada cunha

mensaxe.

Para silenciar o ton de chamada dunha chamada entrante

Cando reciba a chamada, prema a tecla de volume.

63

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto

Pode rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto. Cando rexeita unha chamada

cunha mensaxe, a mensaxe envíase de xeito automático ao emisor da chamada e

almacénase na conversa de mensaxería co contacto.
Pode seleccionar entre unha serie de mensaxes predefinidas que lle ofrece o dispositivo,

ou ben crear unha mensaxe nova. Tamén pode editar as mensaxes predefinidas para

crear as súas propias mensaxes personalizadas.

Para rexeitar unha chamada cunha mensaxe de texto

1

Cando reciba unha chamada, arrastre

Rexeitar con mensaxe cara arriba.

2

Seleccione unha mensaxe predefinida ou pulse e escriba unha mensaxe nova.

Rexeitar unha segunda chamada cunha mensaxe de texto

1

Se escoita tons de aviso repetidamente durante unha chamada, arrastre

Rexeitar

con mensaxe cara arriba.

2

Seleccione unha mensaxe predefinida ou pulse e escriba unha mensaxe nova.

Editar a mensaxe usada para rexeitar unha chamada

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Chamada > Rexeitar chamada con SMS.

3

Pulse na mensaxe que desexe editar e faga os cambios que precise.

4

Pulse

Aceptar.