Axustes da videocámara
Para axustar a configuración da videocámara
1
Active a cámara.
2
Pulse e seleccione .
3
Se non está seleccionada a videocámara, pulse .
4
Para ver todos os axustes, pulse .
5
Seleccione o axuste que queira axustar e faga os seus cambios.
Descrición xeral dos axustes da videocámara
Resolución de vídeo
Axuste a resolución de vídeo para os diferentes formatos.
Full HD
1920×1080(16:9)
Full HD (Full High Definition) con formato 16:9.
HD
1280×720(16:9)
HD (Alta Definición) con formato 16:9.
VGA
640×480(4:3)
VGA con formato 4:3.
MMS
Permite gravar vídeos axeitados para o envío en mensaxes multimedia. O tempo de gravación deste formato
de vídeo está limitado para que os ficheiros de vídeo caiban nunha mensaxe multimedia.
Estes axustes só están dispoñibles no modo de captura
Manual.
Disparador automático
Co temporizador (ou disparador automático), pode gravar vídeos sen necesidade de
suxeitar o dispositivo. Úseo para gravar vídeos en grupo nos que todo o mundo desexa
aparecer. Tamén pode usar o temporizador se quere evitar mover a cámara ao gravar
vídeos.
Activado (10 s.)
Establécese un tempo de espera de 10 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara
ata que comeza a gravarse o vídeo.
Activado (2 s.)
Establécese un tempo de espera de 2 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara
ata que comeza a gravarse o vídeo.
Activado (0,5 s.)
Establécese un tempo de espera de medio segundo desde o momento en que se pulsa a pantalla da
cámara ata que comeza a gravarse o vídeo.
Desactivado
O vídeo comeza a gravarse en canto se pulsa a pantalla da cámara.
Smile Shutter™ (vídeo)
Use a función Smile Shutter™ para determinar con que tipo de sorriso reacciona a
cámara antes de gravar un vídeo.
Modo de enfoque
O axuste do enfoque controla que parte dun vídeo debe aparecer nítida. Cando o
enfoque automático continuo está activado, a cámara segue a axustar o enfoque de
xeito que a área interior do marco de enfoque branco permanece nítida.
Enfoq. autom. puntual
99
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
A cámara enfoca de xeito automático o suxeito seleccionado. O enfoque automático continuo está activado.
Detección de caras
A cámara detecta de xeito automático ata cinco caras humanas, indicadas con marcos na pantalla. A
cámara enfoca de xeito automático a cara máis próxima. Tamén pode seleccionar que cara desexa enfocar
pulsando sobre ela na pantalla. Cando pulsa a pantalla da cámara, aparece un marco amarelo que amosa a
cara que está a ser enfocada. A detección de caras non pode usarse con todos os tipos de escenas. O
enfoque automático continuo está activado.
Seguimento de obxecto
Cando selecciona un obxecto tocándoo no visor, a cámara ségueo por vostede.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
Vídeo HDR
Use o axuste de vídeo HDR (High-Dynamic Range) para gravar un vídeo a contraluz ou
en condicións onde haxa moito contraste. O vídeo HDR compensa a perda de detalle e
crea unha imaxe que amosa as zonas escura e brillante.
Este axuste só está dispoñible no
Manual modo de captura.
Medición
Esta función determina de xeito automático unha exposición equilibrada ao medir a
cantidade de luz que chegará á imaxe que quere capturar.
Central
Axusta a exposición no centro da imaxe.
Compensada
Calcula a exposición baseada na cantidade de luz de toda a imaxe.
Puntual
Axusta a exposición nunha pequena parte da imaxe que quere capturar.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
Estabilizador de vídeo
Cando se grava un vídeo, pode ser difícil suxeitar o dispositivo con firmeza. O
estabilizador de imaxes axúdalle compensando os movementos leves da man.
Micrófono
Permite seleccionar se desexa recoller o son de arredor durante a gravación de vídeos.
Previsualizar
Pode previsualizar vídeos xusto despois de sacalos.
Activado
A previsualización do vídeo aparece despois de sacalo.
Editar
O vídeo ábrese para a súa edición despois de sacalo.
Desactivado
O vídeo gárdase despois de sacalo e non aparece ningunha previsualización.
Luz do flash
Use a luz do flash para gravar vídeos cando as condicións de iluminación sexan pobres
ou haxa unha luz de fondo. A icona de flash de vídeo só está dispoñible na pantalla
da cámara de vídeo. Lembre que a calidade do vídeo ás veces é mellor sen luz, mesmo
en condicións de pouca iluminación.
Activado
100
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Desactivado
Selección de escena
A característica Selección de escena axúdalle a axustar de forma rápida a cámara para
as situacións habituais usando escenas de vídeo programadas previamente. A cámara
determina algúns axustes para axeitarse á escena seleccionada e garantir a obtención
do mellor vídeo posible.
Desactivado
A característica Selección de escena está desactivada e pode gravar vídeos de xeito manual.
Instantánea suave
Úsase para gravar vídeos con fondos suaves.
Paisaxe
Úsase para vídeos de paisaxes. A cámara enfoca obxectos distantes.
Noite
Cando está activado, a sensibilidade á luz aumenta. Úsase en ambientes con pouca iluminación. Os
vídeos con obxectos que se moven rapidamente poden verse desenfocados. Manteña firme a man
ou ben use un soporte. Desactive o modo noite cando as condicións de iluminación sexan boas para
aumentar a calidade do vídeo.
Praia
Úsase para vídeos de paisaxes que inclúan o mar ou un lago.
Neve
Úsase en ambientes con moita luz para evitar vídeos sobreexpostos.
Deporte
Úsase para vídeos de obxectos en movemento rápido. Un tempo de exposición curto minimiza o
aspecto borroso da imaxe causado polo movemento.
Festa
Úsase para vídeos en interiores en ambientes con pouca iluminación. Esta escena recolle a
iluminación de fondo ou das velas. Os vídeos con obxectos que se moven rapidamente poden verse
desenfocados. Manteña firme a man ou ben use un soporte.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
101
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.