Axustes da cámara fotográfica
Para axustar a configuración da cámara fixa
1
Active a cámara.
2
Para ver todos os axustes, pulse .
3
Seleccione o axuste que queira definir e logo edíteo como desexe.
Descrición xeral dos axustes da cámara fixa
Resolución
Escolla entre varias resolucións e formatos antes de sacar unha foto. As fotos cunha
maior resolución ocupan máis memoria.
13MP
4128×3096(4:3)
Resolución de 13 megapíxeles con relación de aspecto 4:3. Axeitada para ver fotos en pantallas que non son
anchas ou para imprimilas en alta resolución.
9MP
3920×2204(16:9)
Resolución de 9 megapíxeles con relación de aspecto 16:9. Axeitada para ver fotos en pantallas anchas.
5MP
2592×1944(4:3)
Resolución de 5 megapíxeles con relación de aspecto 4:3. Axeitada para ver fotos en pantallas que non son
anchas ou para imprimilas en alta resolución.
2MP
1920×1080(16:9)
Resolución de 2 megapíxeles con relación de aspecto 16:9. Axeitada para ver fotos en pantallas anchas.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
Disparador automático
Co temporizador (ou disparador automático), pode facer fotos sen necesidade de
suxeitar o dispositivo. Use esta función para facer autorretratos ou fotos de grupo nas
que todos desexen saír na foto. Tamén pode usar o temporizador se quere evitar mover
a cámara ao facer fotos.
Activado (10 s.)
Establécese un tempo de espera de 10 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara
ata que se fai a foto.
Activado (2 s.)
Establécese un tempo de espera de 2 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara
ata que se fai a foto.
Activado (0,5 s.)
Establécese un tempo de espera de medio segundo desde o momento en que se pulsa a pantalla da
cámara ata que se fai a foto.
Desactivado
95
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
A foto faise en canto se pulsa a pantalla da cámara.
Smile Shutter™
Use a función Smile Shutter™ para determinar con que tipo de sorriso reacciona a
cámara antes de tirar unha foto.
Modo de enfoque
A función de enfoque controla que parte dunha foto debe aparecer nítida. Cando o
enfoque automático continuo está activado, a cámara segue a axustar o enfoque de
xeito que a área interior do marco de enfoque amarelo permanece nítida.
Enfoq. autom. puntual
A cámara enfoca de xeito automático o suxeito seleccionado. O enfoque automático continuo está activado.
Toque e manteña na pantalla da cámara ata que o marco amarelo de enfoque se volva azul, o que quere
dicir que o enfoque está axustado. A foto tírase cando se levanta o dedo.
Enfoq. autom. múltiple
O enfoque céntrase automaticamente en varios puntos da imaxe. Toque e manteña na pantalla da cámara
ata que o marco amarelo de enfoque se volva azul, o que quere dicir que o enfoque está axustado. A foto
tírase cando se levanta o dedo. O enfoque automático continuo está desactivado.
Detección de caras
A cámara detecta de xeito automático ata cinco caras humanas, indicadas con marcos na pantalla. A
cámara enfoca de xeito automático a cara máis próxima. Tamén pode seleccionar que cara desexa enfocar
pulsando sobre ela na pantalla. Cando pulsa a pantalla da cámara, aparece un marco azul que amosa a cara
que está a ser enfocada. A detección de caras non pode usarse con todos os tipos de escenas. O enfoque
automático continuo está activado.
Enfoque táctil
Toque unha zona concreta da pantalla da cámara para axustar a zona de enfoque. O enfoque automático
continuo está desactivado. Toque e manteña na pantalla da cámara ata que o marco amarelo de enfoque se
volva azul, o que quere dicir que o enfoque está axustado. A foto tírase cando se levanta o dedo.
Seguimento de obxecto
Cando selecciona un obxecto tocándoo no visor, a cámara ségueo por vostede.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
HDR
Use o axuste HDR (High-Dynamic Range) para sacar unha foto a contraluz ou en
condicións onde haxa moito contraste. O HDR compensa a perda de detalle e crea
unha imaxe que amosa as zonas escura e brillante.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
ISO
Ao aumentar a sensibilidade ISO pode reducir o aspecto borroso que producen na
imaxe as condicións de pouca iluminación ou o movemento das persoas. Ademais, se
quere capturar unha imaxe incluso en condicións de pouca iluminación, pode axustar a
sensibilidade ISO a un valor máis alto.
Auto
Establece a sensibilidade ISO automaticamente.
100
Establece a sensibilidade ISO a 100.
200
Establece a sensibilidade ISO a 200.
400
Establece a sensibilidade ISO a 400.
800
Establece a sensibilidade ISO a 800.
1600
96
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Establece a sensibilidade ISO a 1600.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
Medición
Esta función determina de xeito automático unha exposición equilibrada ao medir a
cantidade de luz que chegará á imaxe que quere capturar.
Central
Axusta a exposición no centro da imaxe.
Compensada
Calcula a exposición baseada na cantidade de luz de toda a imaxe.
Puntual
Axusta a exposición nunha pequena parte da imaxe que quere capturar.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
Estabilizador de imaxes
Cando se saca unha foto, pode ser difícil suxeitar o dispositivo con firmeza. O
estabilizador de imaxes axúdalle compensando os movementos leves da man.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
Previsualizar
Pode previsualizar fotos ou vídeos mesmo despois de sacalos.
Ilimitado
A previsualización da foto ou do vídeo aparece despois de sacalo.
5 segundos
A previsualización da foto ou do vídeo aparece durante 5 segundos despois de sacalo.
3 segundos
A previsualización da foto ou do vídeo aparece durante 3 segundos despois de sacalo.
Editar
A foto ou o vídeo ábrese para a súa edición despois de sacalo.
Desactivado
A foto ou o vídeo gárdase despois de sacalo e non aparece ningunha previsualización.
Flash
Use o flash para sacar fotos cando as condicións de iluminación sexan pobres ou haxa
contraluz. Cando pulsa na icona de flash , aparecen as seguintes opcións na pantalla
da cámara:
Auto
A cámara determina de xeito automático se as condicións de iluminación precisan do uso de flash.
Flash de recheo
Use este axuste cando o fondo teña máis brillo que o suxeito. Esta configuración elimina as sombras
non desexadas.
Reduc. ollos vermellos
Reduce a cor vermella dos ollos ao sacar unha foto.
Desactivado
O flash está desactivado. Ás veces a calidade da foto é mellor sen o flash, mesmo en condicións de
pouca iluminación. Para sacar unha boa foto sen utilizar o flash, cómpre dispoñer dunha man firme.
Use o temporizador para evitar sacar fotos borrosas.
Lanterna
A luz do flash actívase cando saca fotos.
97
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Selección de escenas
Use a característica Selección de escena para axustar rapidamente a cámara a
situacións habituais usando escenas programadas previamente. A cámara determina
algúns axustes para axeitarse á escena seleccionada e garantir a obtención da mellor
foto posible.
Desactivado
A característica Selección de escena está desactivada e pode tirar fotos manualmente.
Pel suave
Úsase para tirar fotos de caras cun efecto de beleza mellorada.
Instantánea suave
Úsase para tomar fotos con fondos suaves.
Desenfoque antimovemento
Úsase para minimizar o movemento da cámara cando se fan fotos dunha escena escura.
Paisaxe
Úsase para tirar fotos de paisaxes. A cámara enfoca obxectos distantes.
Corrección contraluz HDR
Úsase para mellorar detalles en capturas con gran contraste. A corrección incorporada de luz de
fondo analiza a imaxe axustándoa de xeito automático para que teña unha captura perfectamente
iluminada.
Retrato de noite
Úsase para retratos tomados pola noite ou en situacións de pouca iluminación. Por mor do tempo de
exposición prolongado, cómpre que a cámara se manteña quieta ou se sitúe nunha superficie
estable.
Escena nocturna
Úsase para tirar fotos pola noite ou en situacións de pouca iluminación. Por mor do tempo de
exposición prolongado, cómpre que a cámara se manteña quieta ou se sitúe nunha superficie
estable.
Nocturna sen trípode
Úsase para tirar fotos cámara en man e con pouca luz para reducir o ruído e o desenfoque .
Alta sensibilidade
Úsase para tirar fotos sen flash en condicións de pouca luz. Reduce o desenfoque.
Gourmet
Úsase para tirar fotos de bodegóns de alimentos con cores brillantes.
Mascota
Úsase para tirar fotos de mascotas. Reduce o desenfoque e os ollos vermellos.
Praia
Úsase para tirar fotos de escenas que inclúan o mar ou un lago.
Neve
Úsase en contornos con moita iluminación para evitar fotos sobreexpostas.
Festa
Úsase para fotos en interiores en ambientes con pouca iluminación. Esta escena recolle a iluminación
de fondo ou das velas. Por mor do tempo de exposición prolongado, cómpre que a cámara se
manteña quieta ou se sitúe nunha superficie estable.
Deporte
Úsase para fotos de obxectos en movemento rápido. Un tempo de exposición curto minimiza o
aspecto borroso da imaxe causado polo movemento.
Documento
Úsase para fotografar texto ou debuxos. Ofrece á foto un contraste maior e máis nítido.
Fogos de artificio
Úsase para tirar fotos de foguetes en todo o seu esplendor.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
98
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.