Mellorar a saída de son
Pode mellorar o son do seu dispositivo activando de xeito manual a configuración de
son individual como o ecualizador ou o son envolvente. Tamén pode activar o
normalizador dinámico para minimizar a diferenza de volume entre cancións ou vídeos.
Para mellorar a saída de son manualmente
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Son e notificación > Axustes de audio.
3
Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de
ClearAudio+.
Para cambiar os axustes de son de xeito manual
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Son e notificación > Axustes de audio.
3
Arrastre o control desprazable a carón de
ClearAudio+ á esquerda.
4
Pulse
Efectos de son > Ecualizador.
5
Realice os axustes arrastrando os botóns de banda das frecuencias cara arriba
ou abaixo.
O cambio manual dos axustes de saída de son non afectan ás aplicacións de comunicación
por voz. Por exemplo, non hai cambios na calidade do son das chamadas de voz.
Para minimizar as diferenzas de volume ao usar o Normalizador dinámico
1
Desde a pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Son e notificación > Axustes de audio.
3
Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de
Normalizador
dinámico.