Sony Xperia Z - Memoria e almacenamento

background image

Memoria e almacenamento

O dispositivo ten diferentes tipos de opcións de memoria e almacenamento.

O almacenamento interno ten preto de

12 GB e utilízase para almacenar o contido

descargado ou transferido xunto con datos e axustes persoais. Algúns exemplos de

datos almacenados no almacenamento interno son os axustes de alarma, volume e

idioma; correos electrónicos; marcadores; eventos do calendario; fotos; vídeos e

música.

Pode utilizar unha tarxeta de memoria extraíble cunha capacidade de almacenamento

de ata

32 GB para obter máis espazo de almacenamento. Os ficheiros multimedia e

algunhas aplicacións (cos seus datos) poden moverse para este tipo de memoria para

crear espazo na memoria interna. Algunhas aplicacións, por exemplo, a aplicación

Cámara, pode gardar datos directamente nunha tarxeta de memoria.

A memoria dinámica (RAM) ten preto de

2 GB e non se pode utilizar para

almacenamento. A RAM emprégase para xestionar a execución de aplicacións e o

sistema operativo.

É posible que precise mercar unha tarxeta de memoria por separado.

Obteña máis información sobre o uso de memoria en dispositivos Android descargando a

documentación para o seu dispositivo en

www.sonymobile.com/support

.

Mellorar o rendemento da memoria

A memoria do seu dispositivo tende a encherse como resultado do uso normal. Se o

dispositivo comeza a ir máis lento ou se as aplicacións se desactivan de súpeto,

considere as seguintes opcións:

Teña sempre máis de

100 MB de almacenamento interno libre e máis de 100 MB de

RAM libre.

Peche as aplicacións en execución que non estea a utilizar.

Borre a memoria caché de todas as aplicacións.

Desinstale as aplicacións descargadas que non utilice.

Mova aplicacións á tarxeta de memoria se o almacenamento interno está cheo.

Transfira fotos, vídeos e música da memoria interna á tarxeta de memoria.

136

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Se o dispositivo non pode ler o contido da tarxeta de memoria, é posible que teña que

formatala. Ao formatar a tarxeta de memoria elimínase todo o contido dela.

Se está a utilizar un dispositivo con varios usuarios, debe iniciar sesión como o propietario, é

dicir, como usuario principal, para poder realizar determinadas accións, como transferir datos

á tarxeta de memoria e formatala.

Para ver o estado da memoria

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Almacenamento.

Para ver a cantidade de memoria RAM libre e usada

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Aplicacións > En execución.

Para borrar a memoria caché de todas as aplicacións

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Almacenamento.

3

Pulse

Datos almacenados na caché > Aceptar.

Ao borrar a memoria caché, non perde ningunha información nin axustes importantes.

Para transferir ficheiros multimedia á tarxeta de memoria

1

Asegúrese de ter unha tarxeta de memoria inserida no dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Configuración > Almacenamento > Transferir datos á tarxeta

SD.

4

Marque os tipos de ficheiro que desexe transferir á tarxeta de memoria.

5

Pulse

Transferir.

Para mover aplicacións á tarxeta de memoria

1

Asegúrese de ter unha tarxeta de memoria inserida no dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Configuración > Aplicacións .

4

Pase o dedo pola pestana

Na tarxeta SD. Aparece unha lista que amosa as

aplicacións que se poden mover.

5

Seleccione a aplicación que quere mover e logo pulse

MOVER Á TARXETA SD.

Despois de mover a aplicación, aparece unha caixa de verificación marcada xunto

á aplicación.

Para parar a execución de aplicacións e servizos

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Aplicacións > En execución.

3

Seleccione unha aplicación ou servizo e logo pulse

DETER.

Formatar a tarxeta de memoria

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Almacenamento > Borrar tarxeta SD.

3

Para confirmar, pulse

Borrar tarxeta SD > Borrar todo.

Ao formatar a tarxeta de memoria elimínase todo o contido dela. Asegúrese de facer copias de

seguridade de todos os datos que desexe gardar antes de formatar a tarxeta de memoria.

Para efectuar unha copia de seguridade do contido, pode copiar ese contido nun ordenador.

Para máis información, consulte