Localizar un dispositivo perdido
Se dispón dunha conta de Google™, o servizo web “Protection by my Xperia” pódelle
axudar a localizar e asegurar o seu dispositivo se algunha vez o perde. Se activou este
servizo no seu dispositivo, poderá:
•
Localizar o seu dispositivo nun mapa.
•
Establecer un aviso incluso se o dispositivo está en modo de silencio.
•
Bloquear de xeito remoto o dispositivo.
•
Como derradeiro recurso, pode eliminar as memorias externa e interna do dispositivo de
xeito remoto.
É posible que o servizo "Protection by my Xperia" non estea dispoñible en todos os países ou
rexións.
Para activar o servizo Protection by my Xperia no seu dispositivo
1
Asegúrese de que ten a conexión de datos activada.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Configuración > Seguridade > Protección por my Xperia >
Activar.
4
Marque a caixa de verificación para aceptar os termos e condicións do servizo
Protection by my Xperia e logo pulse
Aceptar.
5
Se é necesario, inicie sesión na súa conta de Google™ ou cree unha nova, se
non a ten.
6
Active os servizos de localización no dispositivo, se esta función aínda non está
activada.
Para verificar que o servizo Protection by my Xperia pode localizar o dispositivo despois de
activar o servizo, vaia a
myxperia.sonymobile.com
e inicie sesión usando a conta de Google™
que configurou no seu dispositivo.
Se está a usar un dispositivo con varios usuarios, lembre que o servizo Protection by my
Xperia só está dispoñible para o usuario que inicia sesión como propietario.