Actualizar o dispositivo
Actualice o software do dispositivo co fin de recibir as últimas funcionalidades, as
melloras e as correccións de erros para asegurar un rendemento óptimo. Cando estea
dispoñible unha actualización de software, na barra de estado aparecerá . Tamén pode
comprobar se hai novas actualizacións de xeito manual.
O xeito máis sinxelo de instalar unha actualización de software é facelo sen fíos desde o
dispositivo. Non obstante, algunhas actualizacións non están dispoñibles para a
descarga mediante unha conexión sen fíos. Nese caso, para actualizar o dispositivo ten
que usar a aplicación Xperia™ Companion nun PC ou nun ordenador Apple
®
Mac
®
.
133
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para obter máis información sobre actualizacións de software, vaia a
www.sonymobile.com/update
.
Se utiliza un dispositivo con varios usuarios, deberá iniciar sesión como propietario, é dicir,
como usuario principal, para poder actualizar o dispositivo.
Unha capacidade de almacenamento insuficiente pode impedir as actualizacións. Asegúrese
de que ten capacidade de almacenamento suficiente antes de tentar actualizar.
Para comprobar se hai novo software
1
Se está a usar un dispositivo con varios usuarios, asegúrese de que iniciou sesión
como propietario.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Configuración > Verbo do teléfono > Actualización de software.
Se non hai software novo dispoñible, é posible que non teña memoria libre suficiente no seu
dispositivo. Se o seu dispositivo Xperia™ ten menos de 500 MB de memoria interna libre
dispoñible (memoria do dispositivo), pode que non reciba información sobre novo software. A
seguinte notificación aparecerá no Panel de notificación para avisar da falta de espazo de
almacenamento: Estase esgotando o espazo de almacenamento. Pode que algunhas funcións
do sistema non funcionen. Se recibe esta notificación, deberá liberar memoria interna
(memoria do dispositivo) para poder recibir notificacións sobre a dispoñibilidade de novo
software.
Para descargar e instalar una actualización do sistema
1
Se está a usar un dispositivo con varios usuarios, asegúrese de que iniciou sesión
como propietario.
2
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
3
Localice e pulse
Configuración > Verbo do teléfono > Actualización de software.
4
Se hai unha actualización do sistema dispoñible, pulse
Descargar para
descargala no seu dispositivo.
5
Cando a descarga remate, pulse
Instalar e siga as instrucións en pantalla para
completar a instalación.
Para descargar e instalar unha actualización do sistema desde o panel de
notificacións
1
Se usa un dispositivo con múltiples usuarios, asegúrese de ter iniciada sesión
como propietario.
2
Arrastre cara abaixo a barra de estado para abrir o panel de notificacións.
3
Desprácese cara abaixo e seleccione a actualización do sistema que desexe;
despois pulse
Descargar.
4
Cando a descarga remate, volva abrir o panel de notificacións se está pechado,
pulse
Instalar e siga as instrucións da pantalla para completar a instalación.
Actualización do dispositivo mediante un ordenador
Pode descargar e instalar actualizacións de software no seu dispositivo usando un
ordenador con conexión a Internet. Precisa dispoñer dun cable USB e un PC ou
ordenador Apple
®
Mac
®
co software Xperia™ Companion.
Se non ten o software Xperia™ Companion instalado no ordenador correspondente, conecte
o seu dispositivo ao ordenador cun cable USB e siga as instrucións de instalación da
pantalla.
134
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Para actualizar o seu dispositivo usando un ordenador
1
Asegúrese de que o software Xperia™ Companion estea instalado no seu PC ou
no seu
®
Mac
®
de Apple.
2
Cun cable USB, conecte o dispositivo ao ordenador.
3
Abra Xperia™ Companion, no caso de que non se executase de xeito
automático.
4
Ordenador: Se se atopa unha nova actualización de software, amósase unha
ventá emerxente. Siga as instrucións en pantalla para realizar as actualizacións de
software correspondentes.
Cando conecte o dispositivo ao ordenador cun cable USB, solicitaráselle que instale o
software Xperia™ Companion, ou que cancele, a menos que seleccionase previamente
Non
mostrar de novo.