Sony Xperia Z - Notificacións

background image

Notificacións

As notificacións infórmano de eventos como novas mensaxes e notificacións do

calendario, e tamén de actividades en curso como descargas de ficheiros. As

notificacións aparecen nos seguintes lugares:

A barra de estado

O panel de notificacións

A pantalla de bloqueo

Para abrir ou pechar o panel de notificacións

1

Para abrir o panel de notificacións, arrastre a barra de estado cara abaixo.

2

Para pechar o panel de notificacións, arrastre o panel cara arriba.

Para responder a unha notificación no panel de notificacións

Pulse a notificación.

Para descartar unha notificación do panel de notificacións

Poña o dedo sobre unha notificación e toque lixeiramente cara á esquerda ou á

dereita.

Para expandir unha notificación do panel de notificacións

Arrastre cara abaixo a notificación.

Non todas as notificacións se poden expandir.

Para borrar todas as notificacións do panel de notificacións

Pulse

.

Para responder a unha notificación desde a pantalla de bloqueo

Pulse dúas veces a notificación.

26

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para descartar unha notificación da pantalla de bloqueo

Poña o dedo sobre a notificación e toque lixeiramente cara á esquerda ou á

dereita.

Para expandir unha notificación na pantalla de bloqueo

Arrastre cara abaixo a notificación.

Non todas as notificacións se poden expandir.

Xestionar notificacións na pantalla de bloqueo

Pode configurar o dispositivo para que amose só as notificacións seleccionadas na súa

pantalla de bloqueo. Pode acceder a todas as notificacións e ao seu contido, ocultar

contido sensible de todas as notificacións ou de aplicacións específicas, ou escoller non

amosar ningunha notificación.

Para seleccionar as notificacións que se amosan na pantalla de bloqueo

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación > Co dispositivo bloqueado.

3

Seleccione unha opción.

Opcións para amosar notificacións na pantalla de bloqueo

Mostrar todo o contido

das notificacións

Reciba todas as notificacións na pantalla de bloqueo. Se ten este axuste activado,

teña en conta que todo o contido (incluído o contido das conversas e correos

electrónicos recibidos) será visible na súa pantalla de bloqueo, a menos que

marque as aplicacións correspondentes como

Confidencial no menú de axustes de

Notificacións de aplicacións.

Ocultar contido

confidencial das

notificacións

Debe ter un PIN, contrasinal ou patrón configurado como pantalla de bloqueo para

que este axuste estea dispoñible.

Contido oculto aparece na pantalla de bloqueo

cando chegan notificacións sensibles. Por exemplo, recibirá unha notificación

dunha conversa ou dun correo electrónico entrante, pero o contido non será visible

na súa pantalla de bloqueo.

Non mostrar ningunha

notificación

Tampouco recibirá ningunha notificación na pantalla de bloqueo.

Configuración do nivel de notificación para unha aplicación

Pode configurar un comportamento diferente das notificacións para cada aplicación. Por

exemplo, pode bloquear todas as notificacións de correo electrónico, dar prioridade ás

notificacións de Facebook™ e facer que o contido das notificacións de mensaxes sexan

invisibles na pantalla de bloqueo.

Para configurar o nivel de notificación para unha aplicación

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación > Notificacións de aplicacións.

3

Seleccione a aplicación para a que quere cambiar os axustes de notificación.

4

Arrastre o control desprazable correspondente á dereita.

Niveis de notificacións e opcións para aplicacións específicas

Bloquear

Nunca amosar notificacións para a aplicación seleccionada.

Prioridade

As notificacións de nivel de prioridade aparecen na pantalla de bloqueo enriba de todas as

outras notificacións.

Confidencial Esta opción só está dispoñible se configura un PIN, contrasinal ou patrón como a súa pantalla

de bloqueo e seleccionou

Mostrar todo o contido das notificacións no axuste Co dispositivo

bloqueado. As notificacións da aplicación aparecerán na pantalla de bloqueo, pero o seu

contido non estará visible.

27

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Luz de notificación

A luz de notificación informa sobre o estado da batería e algúns outros eventos. Por

exemplo, unha luz branca pestanexando significa que hai unha nova mensaxe ou unha

chamada perdida. A luz de notificación está activada de xeito predeterminado, pero

pode desactivarse manualmente.

Cando a luz de notificación está desactivada, só se acende cando hai unha advertencia de

estado da batería, por exemplo, cando o nivel da batería está por debaixo do 15 por cento.

Para activar a luz de notificación

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Son e notificación.

3

Arrastre cara á dereita o control desprazable que está a carón de

Luz de

notificación.