Sony Xperia Z - Aplicacións en pequeno

background image

Aplicacións en pequeno

As aplicacións en pequeno son miniaturas que se executan enriba doutras aplicacións

na mesma pantalla para permitir realizar varias tarefas. Por exemplo, pode ter unha

páxina web aberta cos tipos de cambio de divisas e logo abrir enriba a aplicación en

pequeno da Calculadora para realizar cálculos. Pode acceder ás aplicacións en pequeno

a través da barra de favoritos. Para descargar máis aplicacións en pequeno, vaia a

Google Play™.

Para abrir unha aplicación en pequeno

1

Para facer aparecer a barra de favoritos, prema .

2

Pulse a aplicación en pequeno que desexe abrir.

Pode abrir varias aplicacións en pequeno á vez.

Para pechar unha aplicación pequena

Pulse na ventá de aplicación pequena.

Para descargar unha aplicación en pequeno

1

Na barra de favoritos, pulse

e logo, e .

2

Procure a aplicación en pequeno que desexa descargar e logo siga as instrucións

para descargala e rematar a instalación.

Para mover unha aplicación pequena

Cando a aplicación pequena está aberta, toque en manteña a parte superior

esquerda da aplicación pequena, logo móvaa á localización desexada.

Para minimizar unha aplicación pequena

Cando a aplicación pequena estea aberta, toque e manteña a esquina superior

esquerda da aplicación pequena, logo arrástrea cara ao lado dereito ou á parte de

abaixo da pantalla.

Para reorganizar as aplicacións en pequeno na barra de favoritos

Toque e manteña unha aplicación en pequeno e arrástrea á localización

desexada.

Para eliminar unha aplicación en pequeno da barra de favoritos

1

Toque e manteña premida unha aplicación en pequeno e despois arrástrea ata .

2

Pulse

Aceptar.

Para restaurar unha aplicación en pequeno eliminada anteriormente

1

Abra a barra de favoritos e logo pulse

.

2

Toque e manteña a aplicación en pequeno que desexe restaurar e arrástrea á

barra de favoritos.

Para engadir un widget como aplicación en pequeno

1

Para facer aparecer a barra de favoritos, prema .

2

Pulse

> > .

3

Seleccione un widget.

4

Introduza un nome para o widget, se o desexa, e pulse

Aceptar.

21

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.