Accesos directos e cartafoles
Use accesos directos e cartafoles para xestionar as súas aplicacións e manter ordenada
a súa pantalla inicial.
22
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
1
Permite acceder a unha aplicación usando un acceso directo
2
Permite acceder a un cartafol que contén aplicacións
Para engadir un acceso directo de aplicación á súa pantalla de inicio
1
Toque e manteña premida unha área baleira da Pantalla de inicio.
2
No menú de personalización, pulse
Widgets e Aplicacións > Aplicacións.
3
Desprácese pola lista de aplicacións e seleccione unha. A aplicación seleccionada
engádese á Pantalla de inicio.
No paso 3, tamén pode pulsar
Widgets e Aplicacións > Accesos directos e logo seleccionar
unha aplicación da lista dispoñible. Se usa este método para engadir accesos directos,
algunhas das aplicacións dispoñibles permítenlle engadir unha funcionalidade específica ao
acceso directo.
Para mover un elemento na pantalla de inicio
•
Toque e manteña o elemento ata que apareza resaltado, entón arrastre o
elemento ata a nova localización.
Eliminar un elemento da pantalla de inicio
•
Toque e manteña un elemento ata que apareza resaltado. A continuación, arrastre
o elemento ata .
Para crear un cartafol na pantalla de inicio
•
Toque e manteña unha icona de aplicación ou un acceso directo ata que apareza
resaltado, logo arrástreo e déixeo enriba doutra icona de aplicación ou acceso
directo.
Para engadir elementos a un cartafol na pantalla de inicio
•
Toque e manteña un elemento ata que apareza resaltado, entón arrastre o
elemento ata o cartafol.
Para renomear un cartafol na pantalla de inicio
1
Pulse o cartafol para abrilo.
2
Pulse a barra de título do cartafol para amosar o campo
Nome do cartafol.
3
Introduza o novo nome do cartafol e pulse
Feito.